domingo, 22 de mayo de 2011

El gallego fálase tamén en 19 concellos limítrofes del Principado de Asturias, pertenecentes á Terra Eo-Navia.




O galego fálase en Galicia, onde é a lingua oficial xunto co castelán. Tamén se fala e permítese o seu ensino reglado no occidente da comarca do Bierzo (provincia de León) e nunha zona da provincia de Zamora, chamada As Portelas, que comprende os concellos de Porto, Pías, Lubián e Hermisende, sendo parcialmente galegofalante Pedralba de la Pradería, onde só é falado na pedanía de Calabor.


Tamén é falado en 19 concellos limítrofes do Principado de Asturias, pertencentes á Terra Eo-Navia onde se chama eonaviego ou galego-asturiano (no sentido de galego falado no territorio de Asturias), aínda que este é un punto sobre o que hai gran controversia en Asturias. Por unha banda atópase a romanística internacional e a filoloxía galega, cuxos estudos afirman que a lingua natural desta comarca asturiana pertence formalmente ao conxunto lingüístico galaico-portugués como parte da lingua galega; no punto contrario sitúanse o goberno do Principado, e a Academia de la Llingua Asturiana, que consideradan ás falas situadas entre o Navia e o Eo como unha transición entre o tronco galaico-portugués e o asturleonés.

En tres concellos estremeños, na frontera con Portugal, do Val de Xálima (San Martín de Trebello, As Ellas e Valverde do Fresno), na provincia de Cáceres, fálase a Fala de Estremadura, modalidade galaico-portuguesa sobre a que aínda non hai unanimidade acerca de se pode considerarse unha variedade de galego, procedente dos galegos participantes na Reconquista que se asentaron nesa zona, unha lingua diferenciada dentro do subgrupo Galego-portugués.

WiKipedia
A enciclopedia libre