domingo, 3 de octubre de 2021

Primeiro Dicionario del Galego de Asturias.

 Dicionario del galego de Asturias.


El representante da RAG pola comarca asturiana del  Eo-Navia, Licenciado en Xeografía e História e Master en Desenvolvemento Local pola  Universidá de  Ouviedo, Doutor  en  Filoloxía  pola Universidá de Vigo, Premio de Investigación Etnográfica e Raigame da Diputación de Ourense, e incansable traballador pola  cultura  das terras nas que viviu a súa infancia e parte da adolescencia, D. Carlos Xesús Varela Aenlle, presenta el primeiro  Dicionario del Galego de Asturias (DGA).

Este importante e colosal traballo  naceu da necesidá imperiosa de recoller a riqueza léxica da área lingüística dialectal da comarca asturiana del Eo-Navia, formada por diecioito concellos asturianos máis el lucense de Negueira de Muñiz e que,   a pesar de manter considerablemente vivo el idioma propio, son sufridores dun histórico abandono por parte das autoridades del Principado de Asturias como manifesta que asta a publicación deste traballo non existise un dicionario da variante dialectal del gallego de Asturias. Ese abandono faise evidente cada día nos comportamentos dos medios de comunicación e das diferentes  instituciois e non solo nos aspectos lingüísticos.

El xarmollo deste dicionario  procede dun proxecto  concebido polo insigne filólogo Dámaso Alonso, continuado posteriormente pola asociación cultural  Mesa pra Defensa del Galego de Asturias. 

Certamente solo existían úa serie de vocabularios dalgús concellos ou lugares, pero ningún proxecto comarcal no sou conxunto. El Dicionario que é a suma da análise desas fontes publicadas e da fundamental recolleita feita a un bon feixe de informantes, estructura el sou contido en entradas, frases feitas, refrais e lugares de recollida del termo. En conclusión, é úa contribución precisa al corpus lingüístico galego, e un agradecemento inmenso aos eonaviegos, polo sou amor na conservación da súa fala galega, pese aos numerosos impedimementos e  sendo conscientes, os que fain realidá esta importante obra,  que se trata dun proceso aberto a novas incorporaciois.

El investigador atopou no soto da Real Academia Española un diccionario desparecido e feito nos anos 40 por el dialectólogo Dámaso Alonso sobre a comarca de Os Ozcos e Castropol. Un total de 4000 fichas con debuxos al pé del significado que son un verdadeiro  tesouro. A través da Real Academia Galega e da Real Academia Española puido incluir este traballo no Dicionario del Galego de Asturias e serviulle al autor de empuxón pra tomar a decisión de fer realidá a existencia  dun dicionario comarcal.

Ademais hai que resaltar el feito de que os vocabularios existentes asta agora solo contaban cúa simple traducción de termos e acepciois al español lo que fía que se perdesen muitos matices, cousa que non sucede condo as definiciois tán escritas nel mesmo idioma gallego, independentemente de que se siga a normativa oficial en Galicia, como non podia ser doutro xeito sendo publicada pola Universidá de Vigo. 

En Asturias el último traballo sobre el gallego-asturiano é el ETLEN, Estudio de Transición Lingüística del Eo-Navia, que foi publicado en llingua asturiana pola  Universidá de Uviéu e non en galego-asturiano. Seguramente a decisión, por extraña que pareza,  de publicar ese estudio en llingua asturiana tuvo que ver coa dificultá de escoller  as normas ortográficas e morfolóxicas a utilizar,  xa que escribir el galego de Asturias cúa normativa que lo separa da súa filiación lingüística -como fai a norma sustentada pola Academia de la Llingua Asturiana- sería incongruente pra un traballo que acredita e reafirma el consenso xeneralizado -por cantidá e cualidá- da dialectoloxía nos lindes entre as falas gallego-portuguesas e as falas astur-leonesas.  Intentar fer creer que aproximar a normativa del galego de Asturias al sou corpus lingüístico é un peligro prá nosa variante e a súa personalidá é un sinxeito de orden maior, xa que a  castellanización é el verdadeiro problema que tá llevando al galego asturiano a seguir el camín del asturiano, acosado polo que chaman el amestau, que é a manifestación empírica del proceso de sustitución lingüística que acogota  aos idiomas minorizados.

Teño el honor de ser mencionado como un dos informantes e síntome orgulloso de que algúa palabra que recollín del meu entorno poda tar presente neste dicionario.

El DGA de Carlos Xesús Varela Aenlle é un traballo feito por amor e cariño á cultura propia, un exercicio científico digno de un país democrático unde  as ideas, el libre pensamento,  a cultura con maíusculas  e el traballo de investigación pasan por riba das portas e cancelas  dos prexuicios que inda habitan en Asturias. Porque a realidá é que  en Asturias decir galego  inda é pra muitos/as   algo así como decir igualdá de homes e mulleres nun cuartel da guardia civil dos anos 70. Lamentable, pero así son os prexuicios.

Carlos Xesús Varela Aenlle fexo este traballo dun xeito altruista, sin axuda das instituciois lingüísticas  asturianas que, hai que decillo, siguen negando  un trato digno e superador de preconceitos e estigmas al gallego-asturiano e permitan que el reconocemento da súa filiación lingüística siga sendo  un problema.

A consecuencia máis grave é que implica cortarlle as alas al idioma propio del Eo-Navia condenándolo a ser tratado cos criterios inasumibles dos amigos dos bables.

El intentento de  ignorar e ocultar un debate que existe pero que se esconde  significa un abuso de poder con todas as letras por parte das autoridades lingúísticas asturianas.

E un abuso de poder é un abuso de poder aunque  intenten ocultallo con manipuladas encuestas sociolingüísticas que solo tein por obxetivo modelar a opinión pública e consolidar un proceso de secesión linguística como paso previo al abandono da "fala eonaviega" na máis absoluta irrelevancia, como xa ven ocurrindo desde hai máis de 30 anos de consolidación del proceso  autonómico.

El investigador Carlos Xesús Varela Aenlle, cun traballo serio e meticuloso que  ademáis recolle todas as variantes del idioma dentro da comarca, enriquece el galego de Asturias,  ofrécenos  material de consulta e estudio imprescindible e pon encima da mesa un libro indispensable pra todos/as os amantes da fala  galega de Asturias.


Algúas librerías nas que se pode encargar:


Todos tus libros

Librería Goyo 

Librería Paz

Casa del Libro 

Librería Ninot 

Agapea.com