martes, 25 de enero de 2011

Entre os ríos Eo e Navia existen úa serie de falas de filiación llingüística gallega.




Entre os ríos Eo e Navia existen uha serie de falas de filiación lingüística galega. Este feito está constatado e certificado por toda a romanística e a hispanística e e demostrable lingüísticamente-

As falas eonaviegas non son uha mestura de trazos lingüísticos del galego e del asturiano. Nos trazos que xebran el galego del asturiano, estas falas presentan uha porcentaxe muito elevada de coincidencia estructural coel galego (nun 86% de promedio) e uha porcentaxe muito baixa de coincidencia estructural coel asturiano (un 9% de media) Cualificar de "arbitrariedad científica e intencionalidad política" a inclusión destas falas dentro del galego é totalmente incorrecto, pois son falas galegas, porque el galego tamén é lingua de Asturias, como el asturiano tamén é lingua de zonas de León, Zamora ou Portugal.

Os habitantes del Eo-navia somos asturianos, sen que exista contradición entre ser asturiano e falar galego, de igual xeito que hai belgas, suízos, franceses, austriacos ou daneses de lingua alemá e non son alemais, ou portugueses que falan uha variedade del asturiano chamado alí mirandés, en non son asturianos.

(...)
"INFORME LINGÜÍSTICO SOBRE A NOSA TERRA EO-NAVIA
(OCCIDENTE DE ASTURIAS)"
Navia, Febreiro 2007
ASOCIACION ABERTAL DEL EO-NAVIA

No hay comentarios: