jueves, 17 de noviembre de 2011

Manifesto das Comunidades de Lingua e Cultura Galegas de Asturias, León e Zamora







Manifesto das Comunidades de Lingua e Cultura Galegas



de Asturias, León e Zamora.

Reunidos en Celanova os días 21 e 22 de decembro de 1989 representantes do occidente de Asturias, del Bierzo e dos concellos de fala e cultura galegas de Zamora, así como de Galicia, pra analizar conxuntamente a problemática lingüística, sociocultural e xurídica da franxa que estrema coa actual Galicia administrativa, facemos público el seguinte






MANIFESTO

I.- As comarcas máis occidentais de Asturias, León e Zamora posúen non só úa llingua común á de Galicia administrativa, senón tamén un patrimonio cultural común, como se pode apreciar -entre outros aspectos- na antropoloxía, na arqueoloxía e no dereito consuetudinario. A todos compete que esta identidá cultural sexa respetada i preservada.
II.- Esiximos da Xunta de Galicia a estricta e inmedita efectividá das previsióis del art. 21.2 da Lei de Normalización Ligüística, relativo á protección da lingua galega falada en territorios limítrofes coa Comunidá Autónoma, na actualidá totalmente indefensos i sometidos ao perigo de transculturización.
III.- Esiximos das autoridades das Comunidades Autónomas de Asturias e Castela-León el pleno respeto da identidá lingüística i cultural das comarcas occidentais de fala e idiosincrasia galegas, á vez que demandamos que se tomen as medidas necesarias que garanten el exercicio dos dereitos emanados dese patrimonio lingüístico i cultural.
IV.- Reclamamos que nas convocatorias dos organismos da Xunta de Galicia, en especial das Consellerías de Educación e de Cultura (concursos escolares, prensa escolar, proxectos de investigación...) se declare expresamente que poden acollerse ás mesmas os centros de ensino, os colectivos socioculturais e as persoas das citadas zonas.
V.- Reinvidicamos que no distrito universitario único de Galicia teñan idénticos dereitos de acceso os estudiantes que proceden dos concellos de lingua e cultura galegas del occidente de Asturias, León i Zamora que os procedentes da Galicia administrativa. Lo mesmo demandamos prá enseñanza básica e non universitaria.
VI.- Reclalmamos da Xuta de Galicia que reforme os programas de ensino básico i medio pra incluir nellos a realidá xeográfica, lingüística e socio-cultural das citadas zonas da Galicia non adminstrativa.
VII.- Reclamamos dos poderes públicos a adopción das medidas necesarias que garantan a plena cobertura da RTVG e da RTVE-G en toda a franxa estremeira con Galicia. Igualmente pedimos que ámbolos Entes Públicos de radiotelevisión establezcan úa rede de corresponsalias en todas esas comarcas.
VIII.- Esiximos das diferentes adminstracióis públicas el total respeto pola auténtica toponimia galegas destas zonas.
IX.- Finalmente, queremos deixar claro que a normalización lingüística del occidente de Asturias, León i Zamora ten que vehiculizarse nel actual galego común, sen prexuízo de que núa primeira fase, especialmente nel ensino, poida aplicarse úa sub-norma lingüística que acolla algúas peculiaridades propias, inexistentes nel galego común.

Os participantes nel I Congreso da Língua e a Cultura Galegas en Asturias, León e Zamora manifestamos a nosa vontade de dar continuidá a estos encontros co fin de facer un seguimento del proceso de normalización lingüística en todo el territorio de fala galega.


Celanova, a 22 de decembro de 1989

No hay comentarios: